Esta segunda edición reúne de novo lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas. A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja ofrecerá a conferencia inaugural "Aplicacións didácticas dos corpus de lingua galega".
Novidades
-
13/05/24
!
II Congreso Internacional de Aplicacións da Lingüística de Corpus na Didáctica das Linguas
-
24/04/24
!
Henrique Monteagudo presenta dous novos libros
O mércores 24 de abril terá lugar no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, ás 13 h, a presentación de A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes, editado por Henrique Monteagudo na colección Ensaio & Investigación do Consello da Cultura Galega. Ese mesmo día, ás 19:30 h, Monteagudo presentará na libraría Couceiro o volume Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na lingua e a cultura galega, editado por Galaxia.
-
08/04/24
!
Premio no PROPOR 2024
Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal, membros do Proxecto Nós, recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".