Encóntrase aberto ata o 30 de xuño o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da USC.
News
-
10/03/24
!
IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico
-
07/15/24
!
Curso de verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos
Do 15 de maio ao 5 de xullo encóntrase aberto o prazo de matrícula para participar no Curso de Verán da USC Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos. Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais.
-
05/15/24
!
Artigo de Telmo Móia na revista ELG
Telmo Móia publica un novo artigo na revista do ILG Estudos de Lingüística Galega, publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. O quantificador ambos como foco de variação no português contemporâneo é o artigo co que o profesor da Universidade de Lisboa inaugura o número 16 desta revista de publicación continua.